O secretario xeral da Lingua, Valentín García, incidiu no compromiso da Xunta “con fomentar a presenza dixital do galego, incorporándoo ás novas linguaxes e favorecendo o seu uso nas plataformas tecnolóxicas, un eido no que estamos dando grandes pasos”. Fíxoo durante a xornada Tecnoloxía en galego. Resultados de ILENIA-Proxecto Nós, celebrada en Santiago e na que se expuxeron os resultados deste proxecto posto en marcha polo Goberno autonómico en colaboración coa universidade compostelá.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Sección:



