Novas

O proxecto Palabra e Memoria estuda a presenza do galego nos cemiterios da provincia da Coruña
12 de xaneiro de 2026

O proxecto Palabra e Memoria estuda a presenza do galego nos cemiterios da provincia da Coruña

Un proxecto colaborativo constata que o uso do galego nas lápidas medrou nos últimos anos nesta provincia, ata alcanzar o 4,5 %, a porcentaxe máis alta de Galicia. A iniciativa Palabra e Memoria analizou milleiros de inscricións nos cemiterios galegos e detectou unha presenza aínda minoritaria, mais en claro aumento desde comezos de século. Algúns concellos presentan porcentaxes especialmente elevadas, o que amosa realidades territoriais diversas. O estudo pon de relevo o valor simbólico do galego como lingua de lembranza e despedida.

Fonte: La Voz de Galicia

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder