Novas

A Universidade de Santiago organiza dous certames para a divulgación científica en galego
24 de marzo de 2026

A Universidade de Santiago organiza dous certames para a divulgación científica en galego

A USC vén de convocar dúas iniciativas coas que pretende reforzar a presenza do galego na divulgación científica e matemática entre o alumnado de ensino medio. Por unha banda, a Facultade de Ciencias impulsa a quinta edición de Petiscos de ciencia, dirixida a estudantado de secundaria, bacharelato e formación profesional e, pola outra, a Facultade de Matemáticas promove o XIV concurso Explícoche Matemáticas 2.0, centrado na creación de curtas en galego sobre conceptos matemáticos.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder