O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e a xerente de Relacións Institucionais da Fundación Repsol, Mercedes Gómez, anunciaron a nova convocatoria do XX Premio Narrativa Breve, que a Xunta de Galicia promove xunto con esta entidade desde hai vinte anos para impulsar a creación literaria en galego. Precisamente, co gallo da celebración das dúas décadas da súa creación a contía económica do galardón ascende en 3000 euros ata acadar os 15 000 euros.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Sección:



