A Real Academia Galega concedeulle o II Premio Na lingua que eu falo ao proxecto «Aquí tamén se fala», impulsado polo IES Rafael Dieste da Coruña desde 2023. A institución recoñece así esta iniciativa de dinamización lingüística que, nacida no ámbito escolar, acadou unha ampla proxección social e cultural. A RAG salienta especialmente a súa capacidade para integrar alumnado de orixe diversa e para situar a mocidade como protagonista das accións a prol do galego. O galardón tamén destaca que o proxecto vinculase a lingua con ámbitos próximos aos intereses xuvenís, como o deporte, a música ou o audiovisual.
Fonte: Real Academia Galega
Sección:



