Novas

Valentín García pon en valor “favorecer a presenza do galego en certos sectores como as forzas de seguridade”
10 de xullo de 2026

Valentín García pon en valor “favorecer a presenza do galego en certos sectores como as forzas de seguridade”

O secretario xeral da Lingua, Valentín García,  participou na asemblea da Irmandade Xurídica Galega, unha das entidades, destacou, “que se tiveron en conta para deseñar a proposta de actualización do Plan xeral de normalización da lingua galega que imos presentar nos vindeiros días”. Neste senso, puntualizou que “o impulso do galego nas relacións das forzas e corpos de seguridade coa do estado coa cidadanía é un dos eidos que vimos abordando desde que comezamos a traballar na elaboración do documento, que abrangue todos os sectores da sociedade”.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder