Manuel Gago publicou O corvo das Cíes, un videoxogo gratuíto inspirado na mitoloxía e na tradición oral galegas que recrea espazos como as illas Cíes e o Monte Facho. A obra combina referentes históricos e lendarios arredor do deus Berobreo e está dispoñible en sete linguas (galego, castelán, inglés, francés, galés, gaélico ou bretón) co propósito de divulgar o imaxinario de Galicia máis alá do país.
Fonte: Faro de Vigo
Sección:



