Unha investigación internacional na que participou a Universidade de Yale estima que a humanidade alcanzou o seu máximo de diversidade lingüística hai entre 1.000 e 3.000 anos, cando podían existir decenas de miles de linguas. O estudo sostén que o posterior ascenso dos grandes estados e imperios acelerou a desaparición de numerosas comunidades lingüísticas, moito antes da expansión colonial europea.
Fonte: Yale News
Sección:



