A UNESCO e a organización internacional para o libro xuvenil, IBBY, polas súas siglas en inglés, seleccionaron case 170 obras publicadas en máis de 150 linguas indíxenas e en perigo de desaparición. A colección inclúe álbums ilustrados, novelas, biografías, novelas gráficas e obras de non ficción publicadas entre 2018 e 2025. A iniciativa pretende destacar o papel da literatura infantil na transmisión das linguas ás novas xeracións e na conservación da identidade e dos coñecementos das comunidades.
Fonte: UNESCO
Sección:



