O Festival de Cine Fantástico Lóstrego acolleu na Coruña a estrea da versión en galego de Harry Potter e a pedra filosofal, que incorpora unha adaptación integral da pista sonora e novas voces para os personaxes. A dobraxe, recibida favorablemente polo público, nace dun acordo entre a Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia e Warner Bros. Discovery. O filme estará dispoñible proximamente en galego nas plataformas de streaming da distribuidora.
Fonte: Código Cero
Sección:



