Unha enquisa de YouGov realizada en seis países europeos mostra que entre o 87 % e o 97 % dos adultos consideran útil aprender outra lingua, pero as diferenzas na fluidez son importantes. Dinamarca presenta a porcentaxe máis alta de persoas que afirman falar fluidamente unha segunda lingua, cun 74 %, mentres que en España a cifra sitúase no 47 %. Esta porcentaxe é aínda menor en países como Francia e Italia.
Fonte: Euronews
Sección:



