A experiencia de Gales na incorporación do galés ás tecnoloxías dixitais foi incluída nunha nova guía práctica da UNESCO destinada a apoiar os servizos dixitais multilingües. O documento ofrece orientación para integrar linguas con poucos recursos, incluídas linguas indíxenas, en páxinas web, aplicacións e servizos públicos. A iniciativa pretende contribuír a que as linguas minoritarias teñan unha maior presenza no ámbito dixital e poidan manterse vivas nas novas formas de comunicación.
Sección:



