O pódcast Learn Cornish, da BBC, recibiu tres premios nos Gorsedh Kernow Awards polo seu traballo de promoción da lingua córnica. O programa combina leccións de córnico con conversas sobre a historia e a cultura de Cornualles. O xurado destacou o carácter innovador da iniciativa e a colaboración entre BBC Radio Cornwall e a Oficina da Lingua de Cornualles.
Fonte: BBC
Sección:



