Este novo informe do proxecto europeo Fosterlang analiza o papel das redes sociais e das persoas novas creadoras de contidos na visibilidade das linguas minoritarias e ameazadas en Europa. O estudo, elaborado por Davyth Hicks e Blanca Trull, examina os hábitos dixitais da mocidade falante destas linguas e as oportunidades que ofrece o ámbito en liña. Ao mesmo tempo, identifica os retos que deben afrontar estas comunidades para reforzar o uso e a normalización dos seus idiomas no espazo dixital.
Data:
luns, 5 outubro, 2026 - 13:15
Tipo: