Mundo
The Use of Languages in Digital Communication at European Universities in Multilingual Setting. International Journal of Society, Culture and Language. 2023
A principal conclusión que se pode extraer deste traballo é que as linguas oficiais predominan no espazo en liña das universidades europeas multilingües cunha baixa implementación do inglés e das linguas minoritarias. O persoal investigador responsable do estudo puxo o foco nos contidos publicados tanto en webs como nas redes sociais de 88 universidades do Espazo Europeo de Educación Superior, co obxectivo de analizar o uso das diferentes linguas na comunicación dixital en contornos multilingües.
Protocolo para a garantía dos dereitos lingüísticos. Donostia. 2016
Este protocolo foi elaborado por diferentes axentes sociais de toda Europa implicados na defensa das linguas minorizadas, das minorías e dos dereitos humanos. O documento contén as condicións mínimas necesarias que deben cumprirse para garantir os dereitos lingüísticos da cidadanía, recollidos na Declaración universal de dereitos lingüísticos (Barcelona, 1996).
El Caucas. Política i llengües. CIEMEN. 2011
Esta publicación céntrase nas realidades dos pobos e nacións sen estado da área do Cáucaso. Ademais de varios artigos sobre diferentes pobos desta zona, tamén se inclúe un apartado sobre as linguas presentes na rexión, unha das máis diversas do mundo neste sentido.
Langue du travail. Office québécois de la langue française. 2006
Este estudo inclúe indicadores relativos á evolución da poboación activa e á utilización das linguas no traballo en 2001. Está dividido en dúas partes: unha primeira dedicada á poboación activa e ao mercado de emprego e unha segunda sobre a lingua no traballo.
Rapports annuels. Commissariat aux langues officielles. 1999-2017
Desde a creación da figura de comisario das linguas oficiais de Canadá en 1970, elabóranse informes anuais que se presentan no Parlamento canadense. Os devanditos informes teñen, desde os seus comezos, os mesmos obxectivos: informar a poboación e o Parlamento sobre como o Goberno federal cumpre as súas responsabilidades en virtude da Lei sobre as linguas oficiais e presentar un documento coas actividades do comisario nesta materia.
Rapport sur l'évolution de la situation linguistique au Québec 2002-2007. Office québécois de la langue française. 2008
Informe sobre a situación sociolinguística en Quebec entre os anos 2002 e 2007. Este documento divídese en seis capítulos nos que se analiza o estado da lingua francesa desde diferentes perspectivas. Así, nel trátase sobre o uso e o status deste idioma así como os comportamentos e actitudes dos distintos grupos lingüísticos.
Catálogo de las lenguas indígenas nacionales de México. Instituto Nacional de Lenguas Indígenas. 2008
O documento Catálogo de las lenguas indígenas nacionales: variantes lingüísticas de México con sus autodenominaciones y referencias geoestadísticas constitúe a segunda e última etapa dun proxecto co cal o Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (INALI) cumpre co mandato de elaborar o "catálogo de linguas indíxenas mexicanas", disposto no artigo 20 da Lei xeral de dereitos lingüísticos dos pobos indíxenas (LGDLPI).
Situation de l’enseignement bilingue en Bretagne en 2008. Office de la langue bretonne. 2008
Informe realizado pola Office de la langue bretonne que fala sobre a situación do ensino bilingüe francés-bretón na Bretaña.
Dictamen del Comité de las Regiones sobre el tema "Multilingüismo". Unión Europea. 2008
Este ditame contén recomendacións políticas sobre a importancia do multilingüismo. Foi publicado no Diario Oficial da Unión Europea o 9 de outubro de 2008.
Multilingüismo: una ventaja para Europa y un compromiso compartido. Parlamento Europeo. 2009
Trátase da comunicación da Comisión Europea ao Consello, ao Parlamento Europeo, ao Comité Económico e Social Europeo e ao Comité das Rexións.
Boletín
Subscríbase ao boletín
