Mundo

Literacy and linguistic diversity in a global perspective. Consello de Europa. 2007

Esta publicación reflicte os resultados dun proxecto no que traballaron diversas persoas no ámbito da diversidade lingüística en países europeos e africanos co fin de abrir o diálogo, adoptar unha óptica comparativa e definir posibles áreas para unha cooperación e un intercambio enriquecedores.

Consulte o documento

Companies work better with languages. Comisión Europea

Estudo que inclúe as recomendacións do Foro Empresarial sobre Multilingüismo creado pola Comisión Europea e que analiza como os coñecementos lingüísticos poden influír no comercio e no emprego na Unión Europea.

Consulte o documento

 

La langue bretonne à la croisée des chemins. Office de la Langue Bretonne. 2007

Investigación sobre a situación da lingua bretoa en diferentes ámbitos como o ensino, os medios de comunicación, as novas tecnoloxías, o mundo económico... Trátase do segundo documento sobre o bretón destas características elaborado polo Observatoire de la langue bretonne.

Consulte o documento

Rapport sur l’évolution de la situation linguistique au Québec. Office québécoise de la langue française. 2005

Informe no que se rexistran un total de 22 indicadores que describen as principais características da poboación quebequesa así como unha síntese das tendencias observadas en conclusión.

Consulte o documento

Enquesta d'usos lingüístics a la Catalunya Nord 2004. Generalitat de Catalunya. 2004

Estudo que inclúe datos sobre os usos lingüísticos nas relacións interpersonais da poboación de quince ou máis anos na Cataluña Norte (territorio constituído polas seguintes comarcas: Rosselló, Vallespir, Conflent, Capcir e a Alta Cerdanya), cun especial interese pola situación do uso do catalán.

Consulte o documento

Enquesta d'usos lingüístics a Andorra 2004. Generalitat de Catalunya. 2005

Estudo que inclúe datos sobre os usos lingüísticos nas relacións interpersonais da poboación de quince ou máis anos no Principado de Andorra, cun especial interese pola situación do uso do catalán.

Consulte o documento

Enquesta sobre els usos lingüístics a l’Alguer 2004. Generalitat de Catalunya. 2007

Traballo elaborado por Enrico Chessa sobre a situación da lingua catalá na cidade italiana de L'Alguer (situada na illa de Sardeña) a principios do século XXI.

Consulte o documento

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder