A principal conclusión que se pode extraer deste traballo é que as linguas oficiais predominan no espazo en liña das universidades europeas multilingües cunha baixa implementación do inglés e das linguas minoritarias. O persoal investigador responsable do estudo puxo o foco nos contidos publicados tanto en webs como nas redes sociais de 88 universidades do Espazo Europeo de Educación Superior, co obxectivo de analizar o uso das diferentes linguas na comunicación dixital en contornos multilingües. Os resultados mostran a escasa presenza de linguas minoritarias, agás nas universidades españolas, e a baixa implantación do inglés. De feito, só o 22,7 % das universidades permite que o sitio web oficial se inicie directamente na lingua minoritaria. Practicamente todas elas son institucións españolas e están localizadas, especialmente, nas zonas de fala catalá.
documento
Boletín
Subscríbase ao boletín
 
  