A Facultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa abriu a inscrición para un curso intensivo en liña de portugués como lingua estranxeira de nivel A2. A formación consta de 60 horas e desenvolverase do 23 de novembro ao 15 de decembro de 2026. Está dirixida prioritariamente a persoas candidatas ao programa Erasmus+ da universidade que queiran mellorar as súas competencias comunicativas en portugués. O prazo de inscrición remata o 13 de novembro.
Fonte: NOVA FCSH
Sección:



