O catalán atravesa unha situación crítica na Cataluña Norte, onde só o 3 % da poboación o utiliza normalmente, fronte ao 5,7 % rexistrado hai once anos. Segundo unha enquisa realizada a 1800 persoas, tamén diminuíu a comprensión da lingua, que pasou do 61 % ao 44 %. Porén, medrou o apoio social á súa presenza na vida pública, xa que o 57 % da poboación quere que teña maior presenza no ensino, nas institucións e nos espazos públicos.
Fonte: Diari de la Llengua
Sección:



