O Parlamento de Bulgaria aprobou en primeira lectura, con 153 votos a favor, un proxecto de lei que prevé crear un Consello Consultivo da Lingua Búlgara dependente do Consello de Ministros. O novo organismo coordinará a política lingüística, promoverá a conservación e o desenvolvemento do idioma e elaborará informes anuais sobre a situación lingüística do país.
Fonte: BNR News
Sección:



