Novas

A Real Academia Galega e a Deputación da Coruña renovan o seu convenio de colaboración
26 de novembro de 2026

A Real Academia Galega e a Deputación da Coruña renovan o seu convenio de colaboración

Ambas as institucións renovaron o convenio de colaboración para apoiar as actividades da RAG. A achega provincial contribuíu este ano ao desenvolvemento de iniciativas de difusión e dinamización do galego, como Primavera das Letras, a xornada sobre o Festival de Ortigueira do ciclo «A invención da tradición» e a publicación do Boletín da Real Academia Galega. Tamén financiou parcialmente os cursos «Galego sen fronteiras» e o documental Begoña Caamaño, navegar no pracer do azul.

Fonte: Real Academia Galega

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder