Máis información

Certificado de lingua galega

Celga é o sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas. Conta con cinco niveis de coñecemento do idioma e recolle as habilidades que reflicten a competencia comunicativa nas distintas destrezas.

Os contidos agrúpanse en tres bloques:

  1.     Lingua e comunicación: funcións comunicativas
  2.     Lingua e sistema: coñecemento do código
  3.     Lingua, cultura e sociedade: contidos socioculturais

Os Celga permiten certificar o coñecemento que unha persoa ten do galego para os efectos de xustificar méritos ou requisitos laborais e académicos.

Os certificados obtéñense mediante un exame convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Tamén é posible obter a validación Celga dos estudos previos de galego.

Máis información

 

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder