O Diario Oficial de Galicia (DOG) contará cun novo manual de estilo que servirá de "referencia" ás demais publicacións institucionais como páxinas webs, gabinetes de comunicación ou manuais formativos. Con esta renovación, o propósito da Xunta é "modernizar a linguaxe xurídico-administrativa", facéndoa "accesible a todos os cidadáns", e promover o uso correcto da toponimia, entre outras cuestións.
Fonte: Galiciahoxe
Sección:



