A Facultade de Educación, Tradución e Ciencias Humanas da Universidade de Vic (Barcelona) organiza, xunto con outras institucións como os departamentos de Educación e Cultura da Generalitat de Cataluña, o Concello de Vic e o Consorcio pola Normalización Lingüística, o IV Simposio Internacional sobre o Ensino do Catalán. O obxectivo é ofrecer novamente un punto de encontro a todos os profesionais do ámbito educativo que facilite o coñecemento da realidade actual e permita o debate e a reflexión sobre os retos futuros.
Data: 4-5 de abril de 2014
Lugar: Vic (Barcelona)
Máis información: Universitat de Vic