Novas

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua presenta a campaña
25 de marzo de 2014

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua presenta a campaña "Como cho digo ;-)"

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua presenta a súa nova campaña de normalización lingüística "Como cho digo ;-)", unha iniciativa deseñada para promover o uso do galego nos medios de comunicación. O obxectivo da campaña é que persoas e entidades representativas dos diferentes ámbitos sociais manifesten publicamente o seu desexo de que os medios de comunicación reflictan en galego as declaracións que elas e eles fan neste idioma.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder