A conferencia internacional “Matters of the Mind: Psychology and Language Learning” reunirá estudosos de todo o mundo na segunda maior cidade de Austria: Graz. O obxectivo da conferencia é desenvolver novas perspectivas sobre o papel da psicoloxía no ámbito da aprendizaxe e ensino de linguas. Abranguerá un amplo número de temas como a autonomía, as crenzas, as emocións, a fixación de obxectivos, as dinámicas de grupoe e a motivación, entre outros.
Data: 29-31 de maio de 2014
Lugar: Graz (Austria)
Máis información: Fachdidaktikzentrum der GeWi-Fakultät Graz



