A Asociación Europea de Terminoloxía (EAFT/AET), coa colaboración do TERMCAT, organiza o VII Cumio Europeo de Terminoloxía, que se celebrará en Barcelona os días 27 e 28 de novembro. O tema xeral do cumio xirará arredor da pregunta: Como afectan as redes sociais no traballo terminolóxico? A estrutura do cumio artellarase a través de tres seccións consecutivas sobre temas que conectan diferentes ángulos do traballo terminolóxico coas redes sociais. En cada un destes bloques temáticos haberá relatores convidados que ao final de cada sesión abrirán un espazo de debate sobre unhas preguntas establecidas previamente.
Data: 27-28 de novembro de 2014
Lugar: Barcelona
Máis información: Asociación Española de Terminología



