O obxectivo da conferencia é acoller investigadores que traballen os diferentes aspectos do bilingüismo no mundo hispanófono e lusófono. Por tanto, o encontro estará dedicado á investigación en calquera ámbito relacionado co bilingüismo, como, por exemplo, a lingüística teórica, a sociolingüística, a adquisición de segundas linguas, a adquisición bilingüe, as linguas propias e a psicolingüística.
Data: 14-16 de xaneiro de 2015
Lugar: Leiden (Países Baixos)
Máis información: Universiteit Leiden