Eventos

XI Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG). Bos Aires (Arxentina)
06 de abril de 2015

XI Congreso da Asociación Internacional de Estudos Galegos (AIEG). Bos Aires (Arxentina)

A cidade arxentina de Bos Aires, atravesada ela mesma por diversos fenómenos de intercambio cultural, e cerna dunha das comunidades máis vizosas da diáspora galega, semella un lugar de encontro especialmente propicio para a celebración deste XI Congreso da AIEG “Os estudos galegos ante o cambio social e cultural: identidades na fronteira, emigración e exilio”. O Congreso busca servir de plataforma desde a que contribuír a desenvolver unhas liñas de diálogo de carácter transversal e transdisciplinar sobre Galiza, facéndoas extensibles a outros ámbitos periféricos e de minorías, e ao marco global en xeral.

Data:6-8 de abril de 2015

Lugar: Bos Aires (Arxentina)

Máis información: Estudos galegos

  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder