A Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración coa Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocan os IV seminarios de dinamización lingüística que se realizarán en dúas quendas: unha primeira nas cidades da Coruña (IES Rafael Dieste), Lugo (IES Nosa Señora dos Ollos Grandes), Ourense (IES Universidade Laboral) e Vigo (IES Alexandre Bóveda) os días 21, 22, 23, 28, 29 e 30 de abril, e unha segunda en Pontevedra, Santiago e Ferrol os días 5, 6, 7, 12, 13 e 14 de maio.
Fonte: CTNL



