A Oficina de Software Libre da USC, xunto coa Comisión de Normalización Lingüística da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) e o Servizo de Normalización Lingüística da USC, organizan o primeiro obradoiro de tradución de software libre "ETSE Open de SL".
O programa deste obradoiro é o seguinte: xoves 30 de abril e 7 de maio, de 11-14 h, e sábado 9 de maio, de 10 a 19 h.
Fonte: CTNL



