Un coro conformado por cincocentos nenos e nenas homenaxeou os poetas mindonienses no concerto No bico un cantar. A praza da Catedral de Mondoñedo foi o escenario desta actuación na que alumnos e alumnas dos conservatorios de música profesional de Galicia cantaron os versos de Cunqueiro, Noriega Varela, Díaz-Jácome, Leiras Pulpeiro e Iglesia Alvariño.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Sección:



