O ciclo de cine de verán Redecinema das secretarías xerais de Cultura e Política Lingüística e mais da AGADIC para concellos da Rede de Dinamización Lingüística propón nesta súa segunda edición, entre outros, este filme producido mediante micromecenado e integramente rodado nas provincias de Ourense e de Pontevedra.
Na fronteira entre Galicia e Portugal, un home esquece os seus recordos ao beber auga dunha fonte. Comeza así un camiño cara á súa verdadeira identidade... 9 ondas achégase ao tema da identidade no mundo contemporáneo. É unha "road movie a pé" que mestura lenda popular, irracionalismo e poesía.
Data: 26 de agosto de 2017
Lugar: Marín
Máis información: O Portal da Lingua Galega



