A Real Academia Galega reivindica nunha xornada a recuperación das formas autóctonas dos nomes e os apelidos
Durante unha xornada dedicada á onomástica celebrada en Pontevedra, a Real Academia Galega reivindicou o patrimonio individual e colectivo vinculado aos nomes e apelidos galegos.