O 16.º Congreso Alemán de Lusitanistas celebrarase na Universidade de Múnic (Alemaña), en colaboración coa Asociación Lusitanista Alemá. O tema central será "Revisións, Reparacións, Reorientacións" que porá o foco na revisión e reflexión sobre textos e fenómenos culturais e lingüísticos no ámbito lusófono, así como nas prácticas de ensino e tradución do portugués.
Datas: 15-19 de setembro de 2025
Lugar: Universidade de Múnic (Alemaña)



