O Coloquio de Gramática Xenerativa é unha conferencia organizada con periodicidade anual na Península Ibérica na que lingüistas de todo o mundo discuten as propostas máis recentes respecto ao estudo da facultade da linguaxe dentro do marco da gramática xenerativa.
Nesta ocasión, o coloquio desenvolverase na cidade vasca de Vitoria entre os días 1 e 3 de abril.
Fonte: Universidad del País Vasco



