Os Axóuxeres é unha iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia que pretende axudar a que os pais e as nais contribúan á cadea de transmisión da lingua galega e, á vez, obteñan ideas para xogar na casa, prolongando no fogar a propia actividade. As prazas son limitadas, polo que será imprescindible apuntarse previamente no teléfono 686 160 879 para poder asistir.
Data: 13 de febreiro de 2011
Lugares: Tui e A Cañiza
Máis información: Xunta de Galicia



