O III Congreso Internacional de Neoloxía nas Linguas Románicas celebrarase en Salamanca os días 22, 23 e 24 de outubro de 2015 co obxectivo claro de reunir investigadores, institucións e organismos públicos e privados interesados na neoloxía en canto fenómeno que dá conta da forza creativa das linguas, tanto se se considera a estas como entes autónomos, ou se se observan os condicionamentos que sofre o seu desenvolvemento por factores alleos á súa natureza lingüística.
Data: 22-24 de outubro de 2015
Lugar: Salamanca
Máis información: Universidad de Salamanca


