Un dos trazos distintivos do novo milenio é a existencia de múltiples canles ou modos de comunicación. A comunicación verbal é só un dos modos a través dos que nos comunicamos e é preciso que contemos con instrumentos científicos fiables capaces de analizar a linguaxe visual, de xestos, corporal, cultural e das redes sociais. As achegas presentadas neste congreso servirán para iluminar estes aspectos e tamén para demostrar a súa influencia no mundo académico e profesional. O acto está organizado pola Universidade Politécnica de Madrid.
Data: 16-18 de abril de 2015
Lugar: Madrid
Máis información: AESLA



