Este coloquio estará dedicado ao uso de corpus como recursos lingüísticos aplicados aos Estudos de Tradución e de Interpretación. En España, unha cantidade non desprezable de proxectos de compilación e desenvolvemento de corpus, dos que algúns inclúen linguas minoritarias como o catalán, o galego ou o vasco, desenvolveuse con financiamento de institucións españolas ou europeas. O obxectivo deste coloquio é reunir especialistas españois e do estranxeiro que co seu traballo posibilitaron os significativos avances dos últimos anos no deseño, compilación e accesibilidade de corpus e outros recursos lingüísticos e os avances nas tecnoloxías para acceder a eles e explotalos.
Data: 26-27 de marzo de 2014
Lugar: Campus de Soria (Universidade de Valladolid)
Máis información: Universidade de Valladolid