A lingua e o reino entre Compostela e Braga, o Reino da Gallaecia é o tema da xornada cultural que terá lugar en Braga no ámbito do Festival Cultural Convergências que se está celebrando en Braga, Ponteareas e Santiago de Compostela até o 25 de febreiro. O evento está promovido pola Deputación da Coruña e a Rede da GaliLusofonia, en colaboración coa Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela.
Data: 18 de febreiro de 2023
Lugar: Casa do Conhecimento, Braga



