O Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPHI) conmemora en 2018 os seus 25 anos de actividade cun programa de actos integrado por unha exposición e cinco citas académicas, entre as que figura esta xornada de homenaxe a tres figuras importantes da lingüística: o profesor alemán Jürgen Untermann e os galegos Aníbal Otero e Elixio Rivas, que fixeron doazón dos seus fondos documentais ao Centro.
Data: 12 de setembro de 2018
Lugar: Pazo de San Roque, Santiago de Compostela
Máis información: O Portal da Lingua Galega



