Esta conferencia aborda os campos emerxentes dos estudos de tradución e a continua dixitalización do coñecemento que está a mudar a forma actual de traducir e que ofrece ao mesmo tempo novas maneiras de facer investigación en tradución. A conferencia congregará investigadores de diferentes ámbitos de estudo como a lingüística do corpus, a psicolingüística ou a tradución automática.
Data: 29-30 de xaneiro de 2015
Lugar: Germersheim (Alemaña)
Máis información: Johannes Gutenberg Universität Mainz