Esta mesa analizará como o ensino pode reforzar a motivación, o prestixio e a competencia en galego na infancia e na adolescencia, en relación con outros espazos de socialización. Debateranse estratexias para garantir o uso real da lingua en distintos ámbitos sociais e favorecer a súa transmisión interxeracional.
Data: 27 de febreiro de 2025
Lugar: Sede do Consello da Cultura Galega



