As Xornadas pretenden facer unha posta en común das liñas de investigación que se están a desenvolver nos centros galegos das universidades do mundo e noutras institucións, nomeadamente no ámbito da literatura galega fóra de Galicia e do estudo da identidade, a alteridade e o exilio. Procuran, por outra parte, favorecer o contacto entre profesores, investigadores e estudantes interesados no coñecemento e estudo da literatura galega, así como fomentar o intercambio científico entre os relatores e os asistentes. Ademais, con elas preténdese abrir e estimular o diálogo entre as distintas xeracións pertencentes á colectividade galega. Están destinadas a profesores, investigadores e estudantes, Departamentos de Romanística, Centros Galegos en España, Portugal, Hispanoamérica e no resto do mundo, escolas oficiais de idiomas e outras institucións interesadas no estudo da lingua, da literatura e da cultura galega.
Data: 18-20 de setembro de 2014
Lugar: Madrid
Máis información: Centro de Estudos Galegos de Madrid



