Os centros de catalán de Andorra rexistraron máis de 22 mil persoas usuarias durante o curso 2025-2026, máis do dobre que no curso anterior, cando foran case 10 mil. A maioría utilizou a modalidade de aprendizaxe acompañada, e o Goberno ampliou os horarios dos centros e promove novas formas flexibles de aprender catalán para responder ao aumento do interese pola lingua.
Fonte: Diari de la Llengua
Sección:



