Centos de estudantes kurdos boicotean o inicio do curso en Siria para protestar contra o plan do Goberno, que limita o ensino en kurdo a tres clases semanais e pon fin á súa utilización como lingua vehicular. Familias, docentes e entidades kurdas reclaman manter o dereito a recibir o ensino na súa lingua, como acontecía nos últimos anos baixo a administración autónoma kurda.
Fonte: Diari de la Llengua
Sección:



