Novas

Demandan o ensino en todas as linguas africanas
24 de febreiro de 2009

Demandan o ensino en todas as linguas africanas

O inglés era a razón que xustificaba que os estudantes africanos obtivesen malos resultados nos exames finais, debido ás súas dificultades de comprensión, segundo afirmou un alto funcionario de educación de Cabo Oriental. No seu relatorio no 10.º Día Internacional da Lingua Materna, o presidente do Comité Permanente de Educación, Bulelwa Thunyiswa-Gqoboka, apelou ao Ministerio de Educación nacional para que introduza as linguas africanas no ensino de todas as materias.

Fonte: Dispatch Online

Sección: 
  • Twitter logo
  • Facebook logo
  • LinkedIn logo

Novas relacionadas

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder