O Concello de Mazaricos aprobou a nova Ordenanza reguladora do uso do galego que establece os criterios lingüísticos aplicables á Administración municipal e aos servizos que dela dependen. A norma esténdese tamén aos organismos públicos vinculados, empresas e entidades contratistas ou concesionarias nos ámbitos previstos. O texto incorpora ademais as funcións do Servizo de Normalización Lingüística compartido con Carnota.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Sección:



