O VII Certame Galetiktokers recibiu 40 vídeos creados por 78 mozos e mozas de 24 localidades, que compiten por seis premios de 300 euros. Ata o 6 de novembro está aberto o prazo para elixir os dous premios do público a través de Instagram, que recaerán nos vídeos con maior alcance en cada categoría. Esta iniciativa busca impulsar a creación audiovisual da mocidade e aumentar a presenza do galego nas redes sociais.
Fonte: Concello de Ames
Sección:



